TABERNA VILLALUSTRE / restaurante & parrilla

TABERNA VILLALUSTRE

Espazo natural

Detalle de terraza de Taberna Villalustre con mesas preparadas

Rodeado de viñedos propios

Desfruta dun dos mellores restaurantes das Rías Baixas, en Sanxenxo. Comida tradicional, excelentes peixes e as mellores carnes.

En Taberna Villalustre encontranse o mellor dos sabores da cociña asturiana e da cociña galega. O ambiente e a atención son elementos fundamentais do noso restaurante, dispoñemos de dous comendores e dunha terraza rodeada das nosas viñas de Albariño.

No noso asador e parrilla de carbón preparamos as mellores carnes de tenreira e de porco ibérico, e tamén o mellor do noso mar.

Amplia bodega de viños das principais denominacións de orixen tanto en tintos como en brancos.

Botella de albariño Eidos de Padriñan

Proba os increíbles viños das Rías Baixas

As Rías Baixas galegas son unha rexión privilexiada para o cultivo da vide. O seu clima, orografía e solo, máis as súas variedades de uva autóctonas, son factores que determinan o gran valor vitivinícola da zona. Estas características definen e delimitan a vocación da Denominación de Orixe Rías Baixas para a obtención de viños de calidade.

En Taberna Villalustre poderás descubrir os mellores Albariños de Sanxenxo e do Val do Salnés

Barcos faenando en la costa de las rias baixas

Os mellores sabores do noso mar

En Galicia o mar define unha paisaxe única ao longo dos seus 1.200 quilómetros de costa. A beleza das súas rías únese ao singular patrimonio cultural vinculado ao fascinante mundo marítimo e pesqueiro e á súa rica gastronomía baseada nos manxares que proporciona o océano.

Parrilla de carne y churrasco

Vaca vella e as mellores carnes a brasa

Un chuletón de vaca vella, unha selección dos mellores cortes de porco ibérico ou un bo churrasco. En Taberna Villalustre seleccionamos meticulosamente cada peza para garantizar a máxima calidade.

Contamos cun moderno comedor acondicionado no que poderas gozar sempre dunha agradable comida.

Que din sobre nós

Aqui podes ler o que pensan os nosos clientes de Taberna Villalustre.

Recoñecementos

Grazas os nosos excepcionais clientes contamos cos seguintes galardóns que nos recoñecen coma un dos mellores restaurantes das Rías Baixas e de Galicia.

Dende 2015, TripAdvisor recoñecenos con este galardón “coma un dos mellores restaurantes de Galicia

TripAdvisor recoñece a Taberna Villalustre, en Sanxenxo, co “Certificado de Excelencia” entre os mellores restaurantes de Galicia, baseado nos excepcionais comentarios dos nosos clientes. Os gañadores deste premio son coñecidos por recibir constantemente excelentes comentarios dos seus comensais, colocandonos entre o 10% dos mellores restaurantes do mundo.

Q de calidade

Q de calidade turística

A “Q” de calidade turística é un distintivo que se otorga a aqueles establecimentos turísticos que cumpren uns requisitos específicos exixidos no Sistema de Calidad Turístico Español (SCTE).

O obxectivo desta certificación de calidade turística é conseguir a satisfacción dos clientes a través dos servizos prestados e os produtos ofertados. Ademáis apostase pola mellora continua para poder ofrecer sempre o mellor dos servizos. Tratase de superar as expectativas dos clientes cos recursos que dispoñen os establecimentos.

Fai a túa reserva

Chámanos ou fai a túa reserva online.

Chama +34 986 69 1771 Online

*Non facemos despedidas de solteiro